Vacina da COVID-19

O virus SARS-CoV-2

Unha vacina da COVID-19 é unha vacina que protexa contra a infección polo virus SARS-CoV-2, causante da COVID-19, que polo momento está en fase de elaboración. Aínda que ningunha vacina completou os ensaios clínicos, hai en marcha múltiples intentos de desenvolver unha. A finais de febreiro de 2020, a Organización Mundial da Saúde (OMS) dixo que non esperaba que estivese dispoñible unha vacina contra o SARS-CoV-2 en menos de 18 meses.[1] A Coalition for Epidemic Preparedness Innovations (CEPI), que está organizando un fondo de 2 mil millóns de dólares en todo o mundo para un rápido investimento e desenvolvemento de candidatos a vacinas,[2] indicou en abril que se podería dispoñer dunha vacina seguindo os protocolos de uso de emerxencia a inicios de 2021.[3]

En abril de 2020 estaban en desenvolvemento 115 candidatos a vacinas,[3][4] e dúas organizacións iniciaran estudos de seguridade e eficacia en fase I-II en suxeitos humanos.[5][6] Cinco candidatos a vacinas estaban en estudos de seguridade en fase I en abril.[3]

  1. Grenfell, Rob; Drew, Trevor (17de febreiro de 2020). "Here's Why It's Taking So Long to Develop a Vaccine for the New Coronavirus". ScienceAlertarchive-url=https://web.archive.org/web/20200228010631/https://www.sciencealert.com/who-says-a-coronavirus-vaccine-is-18-months-away. Consultado o 26 de febreiro de 2020. 
  2. "CEPI welcomes UK Government's funding and highlights need for $2 billion to develop a vaccine against COVID-19". Coalition for Epidemic Preparedness Innovations, Oslo, Norway. 6 de marzo de 2020. Consultado o 23 de marzo de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Thanh Le, Tung; Andreadakis, Zacharias; Kumar, Arun; Gómez Román, Raúl; Tollefsen, Stig; Saville, Melanie; Mayhew, Stephen (9 de abril de 2020). "The COVID-19 vaccine development landscape". Nature Reviews Drug Discovery. ISSN 1474-1776. doi:10.1038/d41573-020-00073-5. 
  4. "COVID-19 treatment and vaccine tracker" (PDF). Milken Institute. 9 de abril de 2020. Consultado o 9 de abril de 2020. Resumo divulgativo. 
  5. Angus Liu (10 de abril de 2020). "China's CanSino Bio advances COVID-19 vaccine into phase 2 on preliminary safety data". FiercePharma (en inglés). Consultado o 2020-04-13. 
  6. "University of Oxford commences clinical trial for vaccine candidate (ChAdOx1 nCoV-19) Targeting COVID-19". Trial Site News (en inglés). 31 de marzo de 2020. Consultado o 13 de abril de 2020. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search